Guía multifuncional de Vincios


Estamos aquí para protexer a Serra do Galiñeiro, mais é ela quen nos protexe a nós,
leva moito tempo, moito, protexéndonos...
Manuel Rivas
Manifesto da III Andaina pola Serra do Galiñeiro
13 de maio de 2012

Acaba de llegar a mis manos un precioso librito titulado Guía multifuncional de Vincios y subtitulado Valores da Serra do Galiñeiro. El libro es regalo generoso de un hermano mío, aficionado a la arqueología, a los petroglifos y a la espeleología, conocedor, como cualquiera que frecuente este blog, de mi debilidad por la Sierra del Galiñeiro y mi álbum fotográfico sobre él.

Fue publicado en 2012 por la Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios (parroquia del ayuntamiento de Gondomar) y tiene un prólogo que no puedo dejar de reflejar aquí. Lo resaltado en negrita es mío.

O monte é máis ca un espazo libre de cultivos, máis ca un lugar inhabitado onde se levan a cabo explotacións de toda índole, sobre todo as que non queremos preto das nosas casas.

O monte é moito máis ca iso.

Ben o sabe a Comunidade de Montes de Vincios que leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas, ambientais como de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.


Non é preciso que unha zona sexa declarada protexida para que sexa beneficiaria do respecto que se merece, mais sería desexable, pois a protección establece obrigas para a súa conservación. A riqueza natural e a coexistencia entre o desenvolvemento rural sostible e o goce da poboación son motivos suficientes de respecto e protección. Mais a Serra do Galiñeiro merece ser considerada como espazo protexido, entendido como aquel lugar contemplado como un tesouro natural no que aínda podemos gozar da natureza en todo o seu esplendor.

Para que queremos gardar un outeiro de pedra? Dirían moitos, os menos sensibles coa natureza o os máis proclives a un utilitarismo destructor. De seguro que os que fan estas afirmacións nin sequera coñecen a Serra nin subiron a ela. Dende cativos, a moitos de nós o Galiñeiro pareceunos unha montaña afastada, mirábase dende calquera lugar da bisbarra de Vigo e do Val Miñor, era o punto de referencia para se orientar, e cando chegabamos aos seus pés, a Zamáns, a Seoane, a Vincios, buscabamos coa mirada o seu cume, desexosos de que algún día estariamos alá arriba.

Subimos moitas veces percorrendo toda aquela muralla granítica coas súas diaclasas, os seus ventos e as súas paisaxes. É o noso particular teito do mundo, con eses 700 metros de altura, unha ridiculez comparativa, mais no seu cume parécenos estar preto das estrelas.



Moi posiblemente a Serra do Galiñeiro non posúa as peculiaridades de diversidade biolóxica que desexariamos para un enclave significativo do noso medio natural. A Serra foi un medio moi utilizado dende antigo, así o constatan os restos arqueolóxicos de diferentes épocas, moi alteradas polas talas, lumes e manobras militares, mais o seu interese resulta da suma importancia dos valores xeolóxicos, biolóxicos, culturais e, sen dúbida, do uso que actualmente aínda se fai do monte en todas as súas vertentes.

Non queremos un monte sometido a continuas ameazas, que morra co paso do tempo. O que se precisa é manter un monte vivo que sexa utilizado de xeito sostible e equilibrado.

Temos que conseguir que o Galiñeiro teña a consideración social dun espazo vital imprescindible, do que obteñamos recursos naturais renovables e ao mesmo tempo conserve a súa esencia e os valores naturais, así como todos aqueles segredos que os nosos antergos deixaron soterrados ou gravados na pedra e os que nós mesmos deixaremos a outros.

Por iso é de agradecer, e animar, a iniciativa da Comunidade de Montes de Vincios, a sensibilidade coa que acolle as propostas de conservación e a importante divulgación social que promove. Tamén resulta de grande interese o apoio social que conta a iniciativa a través do resto das entidades de montes do Val Miñor e bisbarra, entidades ambientais e culturais, e mesmo por parte da sociedade de todo o Val Miñor e Fragoso que participan nas iniciativas de apoio a esta reivindicación.

Temos que conseguir que teña a consideración dun tesouro natural que nos protexe e que tamén temos a obriga de protexer.

Así es... o no...

Comentarios

  1. En breves tendremos que defender igual toda la Península do Morrazo y poco nos quedará para salvar de todo el entorno que va desde Vigo hasta Pontevedra como los planes políticos sigan adelante... ¡Qué pena y qué asco! Yo estuve en O Galiñeiro en una "Noite de estrelas e lobos" y es algo espectacular, pero cada día Galicia se parece más al Levante español y menos a la Galicia de la que nos gusta presumir y que atrae a un turismo diferente...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario en la entrada

Entradas populares de este blog

El suicidio de Evelyn McHale

Oro en cretinismo periodístico

Felicidade